Alternativa dos Veciños repartirá a súa propia publicación impresa en Culleredo

O grupo municipal de Alternativa dos Veciños, co apoio do Grupo Provincial, reúnese esta semana para planificar o reparto do xornal polo concello a partir do luns.

descargaelpdf
Click sobre la imagen para descargar el PDF

A publicación recolle as diversas demandas do grupo realizadas no que vai de lexislatura, e informa aos veciños e veciñas do municipio de temas como o estado dos parques infantís, o Plan Xeral de Ordenación Municipal, o uso do aparcadoiro do raxo do Burgo e as reivindicacións de Alternativa dos Veciños durante este ano político. Así mesmo, as veciñas e veciños contarán nas páxinas finais da publicación cun directorio de teléfonos de interese no concello e das diferentes fórmulas de contacto para transmitir calquera demanda ou suxestión ao grupo municipal de Alternativa en Culleredo.

Desde esta mesma semana, o xornal está a disposición do público na oficina de Alternativa dos Veciños no Concello de Culleredo e poderase solicitar tamén en copia dixital a través da páxina de contacto da web do grupo, do seu Facebook e do correo electrónico alternativadosvecinosculleredo@gmail.com

Evento | Cea da Alternativa 2016 e Lotería de Nadal

1479464338.jpg

Aberta a tódolos veciños e veciñas e simpatizantes. Non deixes pasar a oportunidade. Consegue a túa entrada contactando connosco a través do Facebook. 

Lugar

Mesón de Pastoriza

Data

03/12/2016

Hora

21:30

Prezo

29 euros

Mercar entradas

Nos lugares habituais. Tamén podes contactar connosco a través do facebook de Alternativa Culleredo. Ou do correo electrónico alternativadosvecinosculleredo@gmail.com

Alternativa dos Veciños pon en coñecemento do SEPRONA movementos de terra destinados a un posible vertedoiro incontrolado en Culleredo

whatsapp-image-2016-10-21-at-13-26-39

O grupo municipal de Alternativa dos Veciños de Culleredo informa ao servizo de protección da natureza (SEPRONA) da Garda Civil dun posible vertedoiro incontrolado na parroquia de Sésamo.  Continúa leyendo Alternativa dos Veciños pon en coñecemento do SEPRONA movementos de terra destinados a un posible vertedoiro incontrolado en Culleredo